• Rexístrate

Cruz Vermella

Agora máis que nunca

Que é o crowdfunding?

Co termo en inglés crowdfunding entendemos unha forma de conseguir fondos para un proxecto a través de pequenas achegas económicas que fai unha morea de xente distinta.

Para nós, é unha maneira de poder axudar a persoas que realmente o precisan contando coa colaboración de moita xente que fai pagamentos pequenos a través de internet mediante tarxeta bancaria. Por eso iremos presentando diferentes retos cun obxectivo claro: un ben ou servizo que é imprescindible para unha persoa ou familia.

Que pasos se dan?

As necesidades que presentamos sempre están avaladas por un informe dos nosos técnicos, da Administración pública ou de entidades sociais solventes coas que estamos a colaborar.

O proceso é sinxelo e transparente: poñemos a cantidade que precisamos conseguir, damos información de para que é e fixamos un límite temporal. No caso de chegar á cifra necesaria (que chegaremos!), mercamos o material e entregámolo á persoa ou entidade que a solicitou. 

> Seguridade?

Toda: a pasarela de pago electrónico é a de Novagalicia Banco, polo que a túa aportación se fai nun entorno totalmente seguro, coma se estiveses a comprar por internet.

> Non cobrará por isto o banco?

Por suposto que non. Esa é a colaboración neste caso de Novagalicia Banco, que garantiza que en ningunha parte do proceso (mesmo si temos que reintegrar os cartos) haberá costes nin para o doante nin para a Cruz Vermella. Todo o recaudado irá integramente con destino ó proxecto

> Que pasa si non chegamos á cantidade?

Pois entón, ademáis de recoñecer que non nos demos movido dabondo e que non fumos quen de logralo, devolveremos as cantidades doadas a cada un dos aportantes.

> E se nos pasamos?

Se conseguimos recadar máis do necesario, os cartos a maiores destinaranse ao seguinte reto que colguemos na web, de xeito que xa teremos avanzado no noso seguinte obxectivo.