Os empregados do Banco Santander doan material para bebés
Enmarcado no seu proxecto de voluntariado corporativo, os empregados do Banco Santander recolleron no mes de decembro material hixiénico e de alimentación a petición de Cruz Vermella. Hoxe vimos de rematar a recollida, o resultado: 4.882 cueiros, 163 caixas de cereais, 144 botes de leite infantil e 539 botes de puré. Esta axuda vai chegar a moitas familias que o necesitan, así que queremos deixar aquí reflexo do noso agradecemento polo xesto solidario dos empregados do Banco Santander en Galicia. Grazas!