• Rexístrate

Cruz Vermella

Agora máis que nunca

Todas as novas

Land Rover aporta máis de 35.000 euros para o programa de axuda ás persoas sen fogar

Land Rover aporta máis de 35.000 euros para o programa de axuda ás persoas sen fogar

Land Rover Internacional, a través dun acordo coa Cruz Vermella Británica, aportou á Cruz Vermella Española un total de 35.411,50 euros para adicar ó proxecto de atención a persoas sen fogar de Cruz Vermella en Galicia. Esta cantidade vense a sumar á doazón dun Land Rover Defender que vai incorporarse ós equipos de intervención psicosocial da Cruz Vermella, valorado en máis de 32.000 euros. A aportación económica permite financiar axudas de aloxamento, vestuario, produtos hixiénicos e o traballo dos equipos de rúa da Cruz Vermella na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo nun programa cofinanciado pola Xunta de Galicia, o IRPF e fondos propios de Cruz Vermella.